Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/98-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ocho, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: R.B.T. dos CC.TT.

-Situación: Ramallal e Esfarrapa, Culleredo.

-Descricións técnicas:

Liñas eléctricas de baixa tensión, a 380 e 220 V, sobre apoios formigón e grampada sobre fachadas edificios, con conductor R.Z. en seccións de 95, 50 e 25 mm Al, de 2.595 m de lonxitude, que parten dos CC.TT. de Ramallal e Esfarrapa (ex

pedientes 22234 e 6804, respectivamente) e discorrendo polos lugares de Ramallal, Cabana e Murgullón, Culleredo).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 11 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0186