Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/65-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ocho, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en urbanización Porto Avieira.

-Situación: Oroso.

-Descricións técnicas:

Modificación de liñas eléctricas que alimentan os CC.TT. de Piñeirón (expediente 51486) e de Penateixa (expediente 51962), consistente en:

Novos trazos de liñas eléctricas aéreas de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, conductores LA-56 de 346 m e 307 m de lonxitude, respectivamente, a Piñeirón e Penateixa.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1 x 150) mm Al, con orixe na liña Vilanova-César (expediente 3512), de 790 m de lonxitude para subministración eléctrica á urbanización Porto Avieira.

Centro de transformación tipo interior de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Porto Avieira, Oroso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 1 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

202