Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 576

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 15 de xaneiro de 1996 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1996 e se revisan as súas retribucións.

A Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la cofección das nóminas que se elaborarán para aboa-las mencionadas retribucións, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións en relación coas nóminas para o ano 1996, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1996, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988 percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos I e II da presente orde.

2. Polo que respecta ós complementos específicos, á súa contía experimentará un aumento do 3,5% respecto da aprobada para o exercicio de 1995, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 8.a) da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1996.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na táboa que se detalla no anexo III da presente orde.

3. A contía das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo IV desta orde.

4. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios, e só se cumputará no 50 por 100 do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de carácter xeral establecido na Lei 11/1995, do 28 de decembro de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, entendendo que teñen este carácter o soldo, referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o específico.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1. A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor hora aplicable a dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida por trinta e, a súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obrigación de cumprir, de media, cada día.

2. Cando, con suxeción á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo diminuída en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, de 10 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente, sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

3. As retribucións básicas e complementarias que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do funcionario referidos ó primerio día hábil do mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días efectivamente traballados:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

Nestes casos e para estes únicos efectos, o importe diario será o equivalente a un trintavo do importe mensual do concepto retributivo correspondente.

4. As pagas extraordinarias serán dúas ó ano e devengaranse con referencia á situación e dereitos do funcionario no día 1 de xuño e decembro, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada mes natural completo e día por un sexto e un centooitentavo, respectivamente, do importe da paga extraordinaria que na data do seu devengo correspondese por un período de seis meses, tendo en conta que se a suma dos días dos meses incompletos fose 30 ou superior, cada fracción de 30 días considerarase como un mes completo.

b) Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida no transcurso dos seis meses inmediatos anteriores ós de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente reducción proporcional.

c) Os funcionarios en servicio activo con licencia sen dereito a retribución devengarán pagas extraordinarias nas datas indicadas, pero a súa contía experimentará a correspondente reducción proporcional, de acordo co tempo de servicios efectivamente prestados.

d) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma a última paga extraordinaria devengarase con relación ó día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o apartado segundo punto 3.c).

Para os efectos previstos na presente orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos de dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o día 1 dos meses de xuño e decembro.

Terceiro.-Descontos.

1. No ano 1996 a porcentaxe de cotización que se aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais

de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo V da presente orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, Muface, que corresponden ó tipo do 1,69%.

2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter, en nómina cada mes, continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa o Real decreto lei 12/1995, do 28 de decembro, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no servicio do Estado, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense así mesmo no anexo V da presente orde.

O persoal funcionario que estivera suxeito ó réxime xeral da Seguridade Social continuará cotizando de acordo con este sistema.

3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboarse estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

Cuarto.-Outras instruccións.

1. Ó persoal laboral da Comunidade Autónoma aplicaránselle as retribucións que figuran no anexo VI da presente orde.

O plus do convenio deste persoal será o que figura, se é o caso, nas relacións de postos de traballo aprobadas por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de novembro de 1995, incrementado nun 3,5%.

2. Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1996.

3. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo en que esté incluído o corpo no que ocupen vacante, e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen.

4. As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán as mesmas que viñan percibindo en 1995, cun incremento do 3,5%.

5. De conformidade co disposto no artigo 16.1º da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autó

noma de Galicia para 1996, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 12 da dita lei, continuaranse percibindo as mesmas retribucións que no ano 1995, incrementadas nun 3,5%.

6. Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma, excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988, terán dereito durante o prazo de toma de posesión á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de carácter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto na presente orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaese en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión, sen perxuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7. Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñar outros postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos a citada supresión, co carácter de a conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas a conta foran superiores.

8. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9. No caso de adscrición, durante 1996, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que deberá autoriza-la Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta de consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10. A provisión de postos de traballo a desempeñar polo persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado presupostariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11. A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir acompañada da autorización establecida no apartado tres da disposición transitoria segunda da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

12. As referencias relativas ás retribucións contidas na presente orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no apartado 4.8 dela mesma.

13. As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta de Galicia e imputaranse ó concepto orzamentario 100.00 dentro do programa correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14. As retribucións do persoal eventual experimentarán un incremento do 3,5% respecto ás que viñan percibindo en decembro de 1995.

15. Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1996, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, (Sergas), dos dotados no seu presuposto de gastos do presente ano, conforme o anexo de persoal correspondente, experimentarán un incremento do 3,5% respecto ás fixadas para o exercicio de 1995.

En consecuencia as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR, serán as que se detallan no anexo VII da presente orde.

Con respecto ás retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota, experimentarán un incremento do 3,5% sobre as fixadas para o ano 1995.

16. As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro, coas súas correspondentes revisións se houbese lugar.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Retribucións básicas

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A152.0375.838

B129.0384.670

C96.1893.505

D78.6512.340

E71.8021.755

As pagas extraordinarias devengaranse en igual contía, cada unha de elas, a unha mensualidade de soldo e trienios, agás nos casos previstos no apartado 2.4 da presente orde.

ANEXO II

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Complemento de destino

Nivel de complemento

de destino

Contía mensual

30133.503
29119.751
28114.714
27109.676
2696.219
2585.368
2480.331
2375.296
2270.257
2165.230
2060.593
1957.496
1854.402
1751.306
1648.215
1545.119
1442.026
1338.930
1235.834
1132.743
1029.648

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada no presente anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO III

Nivel de complemento

de destino

Complemento específico

(mensual)

30185.763
28 (A)136.592
28 (B)114.737
26109.274
2595.614
2484.687
2265.563
2049.173
1843.709
1640.979
1438.245
1235.513
1032.783

Os complementos específicos que a 31 de decembro de 1995 non tivesen a súa contía relacionada no presente anexo experimentarán, a partir do 1 de xaneiro de 1996 un incremento do 3,5%.

ANEXO IV

PROFESORADO DOS CENTROS DE ENSINANZA BÁSICA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS E IDIOMAS

1. Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico:

GrupoNivel de

Compl. de

destino

Compoñente xeral

do Compl. específico

ptas./mes

Catedráticos de música e artes escénicas e profesores de ensinanza secundaria, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, coa condición de catedráticos.A2652.112
Profesores de ensinanza secundaria, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas.A2445.294
Profesores técnicos de formación profesional e mestres de taller de artes plásticas e deseño.B2445.294
Mestres.B2145.294

2. Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. As contías de este compoñente icrementaranse a partir do 1 de xaneiro de 1996 nun 3,5% sobre as recoñecidas o 31 de decembro de 1995.

3. O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes é o seguinte:

1º período8.076 ptas./mes

2º período10.383 ptas./mes

3º período13.845 ptas./mes

4º período19.614 ptas./mes

5º período5.768 ptas./mes

ANEXO V

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN DOS FUNCIONARIOS Á MUTUALIDADE XERAL DE FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR CEN

GrupoCota mensual

A5.257
B4.137
C3.177
D2.514
E2.143

Nos meses de xuño e decembro aboarán tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no apartado terceiro punto 3 da presente orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS DOS FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO PARA O 3,86 POR CEN DO HABER REGULADOR

GrupoCota mensual

A12.006
B9.449
C7.257
D5.742
E4.895

Nos meses de xuño e decembro aboarán tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no apartado terceiro punto 3 da presente orde.

ANEXO VI

TÁBOA SALARIAL POR GRUPOS

GrupoRetribucións básicas

brutas anuais

(14 meses)

I. Titulados superiores3.445.694

II. Titulados de grao medio2.876.846

III. Especialistas e encargados2.309.888

GrupoRetribucións básicas

brutas anuais

(14 meses)

IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª1.957.270

V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados1.703.016

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51 e 52 do grupo III percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para dito grupo, a cantidade de...

107.072

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 10a, 10b e 10c do grupo V percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademáis das fixadas para dito grupo, a cantidade de...

51.366

COMPLEMENTOS SALARIAIS

Trienio 3.932 ptas./mes

Plus de perigosidade10.826 ptas./mes

Plus de toxicidade10.826 ptas./mes

Plus de penosidade10.286 ptas./mes

Plus de dispoñibilidade horaria54.129 ptas./mes

ANEXO VII

RETRIBUCIÓNS BÁSICAS

Contía mensual

GrupoSoldoTrienios

A152.0375.838

B129.0384.670

C96.1893.505

D78.6512.340

E71.8021.755

RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS

NivelC. mensual

30114.431
29102.643
2898.326
2794.008
2682.473
2573.172

NivelC. mensual

2468.855
2364.539
2260.220
2155.911
2051.936
1949.282
1846.630
1743.976
1641.327
1538.673
1436.022
1333.368

PERSOAL DIRECTIVO

NivelC. mensual

1230.714
1128.065
1025.412

As pagas extraordinarias devengaranse en contía igual cada unha delas a unha mensualidade de soldo e trienios.

A contía anual do complemento de destino percibirase distribuída en 14 pagas.

PERSOAL NON SANITARIO

PERSOAL SANITARIO

PERSOAL FACULTATIVO

PERSOAL EN FORMACIÓN

200