Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Profesional de Empresarios de Catering y Colectividades de Hostelería de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da Asociación Profesional de Empresarios de Catering y Colectividades de Hostelería de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán afiliarse á devandita asociación os empresarios de servicios de catering e colectividades de hostelería que desenvolvan as súas actividades na Comunidade Autónoma.

Asinan a acta de constitución: Manuel Roca López e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

0088