Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Expertos Galegos de Formación Ocupacional e Formación Continua, Exfoc.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Expertos Galegos de Formación Ocupacional e Formación Continua, Exfoc, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: Poderán pertencer á devandita asociación aqueles/as expertos/as que impartiran algún curso de formación ocupacional e/ou formación continua, e realizaran o curso de metodoloxía didáctica impartido pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e/ou o curso análogo impartido polo INEM.

Asinan a acta de constitución: Delmiro Barreiras de la Torre e 3 persoas máis.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

0287