Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, números 40/1995 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74 do 28-3-89), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, disporán os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-93).

A Coruña, 18 de decembro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Intructora

ANEXO

Tipificación infracción

Lei 4/1989 CEN

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

proposta

EN 95/0040Quiroga Díaz, José

34.240.216

Avda. Ronda, Edif. Maral 6

Vigo-Pontevedra

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do Parque Natural de Corrubedo.38.13ªLeve15.000 ptas
EN 95/0044Gerardo Ant. Sánchez Villalba

35.450.651

San Roque, 12

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do Parque Natural de Corrubedo. 38.13ªLeve15.000 ptas
EN 95/0053Manuel Ángel Ferreiro Porto

52.471.506

Callobre-A Estrada

Pontevedra

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do Parque Natural de Corrubedo.38.13ªLeve15.000 ptas

0087