Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga).

Visto o expediente do convenio colectivo Cofaga, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-11-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 15-6-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que existe nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de novembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Capítulo I

Ámbito persoal

Quedan afectados por este convenio a totalidade dos traballadores que presten os seus servicios na fábrica de apósitos da Cooperativa Farmacéutica Galega, agás a persoa ou persoas que aínda estando no cadro de persoal, se consideran representantes da empresa, en razón dos cargos que ocupen.

A duración deste convenio fixarase desde o 1-1-1994 ata o día 31-12-1995, de no existir denuncia por unha das partes este convenio prorrogarase automaticamente.

Capítulo II

Condición sociais

Artigo 1º.-Garantías persoais.

Respectaranse as condicións de traballo que sexan superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 2º.-Clasificación do persoal.

Revisión anual de categorías (dentro dos dous primeiros meses do ano publicarase no taboleiro de anuncios da empresa a escala destas, pechado o 31 de decembro anterior, podendo o persoal formular reclamacións que sexan oportunas no prazo dun mes).

a) Ascensos: os ascensos rexerán para tódalas categorías e en igualdade de condicións e criterios.

Artigo 3º.-Contrato de traballo para a formación.

Remítese ó artigo 2, alínea 5º, do Estatuto dos traballadores.

Contrato de aprendizaxe: a duración destes contratos será como máximo de dous anos e o salario será o 85% do operador serra.

Formación continua: ámbalas partes acordan aterse ó establecido nos proxectos presentados ó FORCEM, así como ó texto presentado pola parte social no anteproxecto do convenio.

Artigo 4º.

A xornada laboral será de 39 horas de traballo efectivo semanal.

Artigo 5º.-Horas extras.

Terán o incremento do 75% sobre a hora ordinaria e poderanse compensar co tempo equivalente en descanso.

Capítulo III

Vacacións

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito a 30 días naturais de vacacións, podendo desfrutalas de forma ininterrompida ou en dous períodos, sempre que isto non afecte o desenvolvemento do traballo normal da industria, nin complique o desfrute delas por outros compañeiros. O cadro de vacacións presentarase dentro dos dous primeiros meses do ano.

A empresa concederá unha bolsa de vacacións consistente en 17.743 ptas. a todo o persoal, sexa cal sexa a época do ano en que as desfrute.

Capítulo IV

Incapacidade laboral transitoria

O traballador afectado por esta circunstancia percibirá por un período de ata 18 meses, o salario base, antigüidade, plus de rendemento, plus de transporte e plus de convenio.

Prestacións

A empresa aboaralles ós traballadores que teñan fillos subnormais, diminuídos físicos ou minusválidos a cantidade de 19.409 ptas. por cada un deles e por mes.

a) Premio de permanencia: de acordo co convenio anterior, amplíanse as cantidades por este concepto ás seguintes contías:

-Por 20 anos de servicio: 94.135 ptas.

-Por 40 anos de servicio: 198.260 ptas.

b) Axudas escolares: a empresa facilitará bolsas anuais de axuda universitaria, para tódolos empregados e fillos de empregados que demostrasen a súa capacidade nos estudios cursados.

c) Servicio militar: respectarase o posto de traballo durante o período de servicio militar (obrigatorio ou voluntario). O traballador casado percibirá as catro pagas extraordinarias como se estivese traballando.

Capítulo V

Licencias, excedencias, cesamentos voluntarios

Artigo 1º

a) Licencia: quince días laborables en caso de matrimonio, cinco días en caso de falecemento de pais do traballador ou dos do seu cónxuxe, fillos, netos, avós ou irmáns, que serían ampliados a seis días cando estivese obrigado a realizar un desprazamento de máis de 300 km. Así mesmo, concederase ata un máximo de cinco días ó ano (xuntos ou separados), con previa solicitude á empresa para resolver asuntos persoais. Sete días por parto da muller ou filla de solteira, dous días por traslado de domicilio. Un día en caso de matrimonio de fillos ou irmáns. A empresa facilitaralles a tódolos traballadores os permisos xustificados para efectuar exames polo tempo que resultase necesario.

Artigo 2º

b) Excedencias: os traballadores cun ano de servicio na empresa poderán solicitar excedencia voluntaria por un período dun a cinco anos, ó cabo dos cales e cun previo aviso dun a tres meses de antelación, terán dereito á reintegración ó seu posto de traballo anterior, sempre que exista vacante ou na primeira que se presente.

O tempo que o traballador estea en situación de excedencia non será computable a ningún efecto.

A empresa concederá excedencias obrigatorias sempre que medien razóns xustificadas, estudios, problemas familiares, etc.

As peticións de excedencia será resoltas pola empresa, en colaboración cos delegados de persoal.

As excedencias por cargos políticos ou sindicais dos traballadores, necesítase unha antigüidade superior a seis meses.

O traballador poderá rescindi-la súa relación laboral en calquera momento, avisando a empresa con quince días de antelación ó seu cesamento voluntario.

Artigo 3º

Licencias especiais: os traballadores poderán solicitar sen dereito a ningunha retribución dúas licencias especiais ó ano que non deberá exceder normalmente de 20 días entre ámbalas dúas, sen que supoña exclusión do cómputo de antigüidade, sendo facultade da empresa a súa concesión.

Artigo 4º

Xubilación anticipada: os traballadores que o desexen poderán acollerse ó sistema de xubilación anticipada ó cumpriren os 64 anos cubrindo a empresa ata o cento por cento da pensións que puidese corresponderlle, ata cumpriren os 65 anos. A praza vacante será cuberta sempre que a empresa non tivese perdas nos últimos dous anos.

Artigo 5º

Xubilación voluntaria: a xubilación será voluntaria ós 60 anos. No momento da sinatura deste convenio a empresa quedará obrigada a negociar co comité de empresa, así como cos traballadores interesados individualmente, un plan de xubilación voluntaria.

Artigo 6º

Compromiso de absentismo: acórdase referencialo ó estrictamente causado por forza maior, para iso acéptase rebaixa-los parámetros que se establecen como obxectivo que son o 1,5% para o ano 1995, no suposto de que non se reduza nesta porcentaxe, asumiríase o seguinte compromiso por parte dos traballadores:

a) Negociar a principios de 1996 a creación dun incentivo variable segundo a presencia na empresa. Este incentivo crearíase cunha porcentaxe sobre a masa salarial do incremento que nos corresponda para o ano 1996, esta porcentaxe establécese entre o 1% e o 3%.

b) Cando se produza o absentismo o traballador deixaría de percibi-lo dito incentivo cos seguintes criterios: 1ª baixa médica, ningunha penalidade. Exclúense as baixas de hospitalización, maternidade, accidente laboral, e as enfermidades profesionais.

c) O incentivo que deixasen de percibi-los traballadores que se ausenten repartirase a final de ano sobre o conxunto do cadro de persoal tendo

en conta a presencia, para iso confeccionarase unha táboa proporcional ós días de presencia que racionalice o reparto.

Capítulo VI

Garantías sindicais

Os traballadores non poderá sufrir ningún tipo de represión nin discriminación polo feito da súa afiliación sindical.

Cando os traballadores agrupados a un sindicato alcancen o valor do 10% do cadro de persoal, disporán dos seguintes medios e dereitos:

a) Recoñecemento de oficial por parte da empresa.

b) Taboleiro de anuncios para comunicacións e propaganda.

Capítulo VII

Delegados de persoal

Recoñecerase como órgano representativo social no seo da empresa a delegados de persoal elixidos polos traballadores. Estes disporán para o traballo que lles é propio dun máximo de 40 horas mensuais retribuídas, que se entenderán por cada un deles e poderán ser utilizadas colectivamente. Para facer uso delas, será necesario comunicarllo á empresa, xustificando o seu emprego. Os delegados de persoal poderán realizar tarefas informativas en horas de traballo sen interrompe-lo proceso de producción. Os delegados de persoal estarán debidamente informados dos problemas socioeconómicos da empresa e de canto a lexislación vixente rexistra e así mesmo, cando se pretendan peches, traslados, ampliacións e canto poida afectar ó seu persoal.

Os delegados de persoal terán garantida a súa audición na comisión de organización do traballo, no establecemento de primas, ritmos, valoración de postos de traballo, acomodación de xornada laboral, ascensos, necesidade de horas extraordinarias, etc. da empresa, ó comité elixido polos traballadores.

Así mesmo, os delegados de persoal poderán convocar asembleas nos locais da empresa fóra de horas de trabllo, logo de solicitarllo á empresa.

Capítulo VIII

Seguridade e hixiene

O comité de seguridade e hixiene estará formado por dous traballadores do centro de traballo, nomeados así: un nomeado pola empresa e outro polos delegados de persoal.

Competencias de C.S.H.: vixia-las condicións de seguridade e hixiene dentro da empresa, en estreita colaboración cos delegados de persoal, tramitando os expedientes que fosen necesarios en canto se refire a toxicidade, perigosidade, suciedade, necesidade de servicios, etc.

Para facilita-lo desenvolvemento do seu traballo, a empresa comprométese a facilitar toda a información e colaboración sobre a materia.

Capítulo IX

Revisión médica

Efectuarase unha revisión anual obrigatoria, incluíndo análise de sangue e ouriños a todo o persoal.

Capítulos X, XI e XII

Condicións económicas

Artigo 1º.-Pagas extraordinarias.

Seguiranse mantendo as pagas establecidas, que se aboarán nas seguintes datas e polos cómputos: soldo, plus de rendemento e antigüidade.

1ª paga, día 15 de marzo.

2ª paga, día 15 de xullo.

3ª paga, día 15 de setembro.

4ª paga, día 15 de decembro.

Artigo 2º.-Axuda por defunción.

No caso de falecemento do traballador cun ano polo menos de antigüidade na empresa, esta queda obrigada a pagarlles ós seus habentes dereito o importe de dúas mensualidade, iguais cada unha delas á última que o traballador percibise incrementada con tódolos emolumentos inherentes a ela.

Artigo 3º

a) Incremento ano 1994: con efecto retroactivo desde o día 1 de xaneiro de 1994, incrementaranse tódolos conceptos salariais nas seguintes porcentaxes:

1. O IPC previsto (3,5%) a final de ano revisarase na mesma porcentaxe que o IPC real supere ó previsto.

2. Incremento de homologación: de maneira automática tendo como referencia o incremento das vendas no mes de maio 4,5%, incrementándose tódolos conceptos salariais con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1994, na mesma porcentaxe que este crecemento supere o IPC previsto.

Deste xeito procederase o 30 de novembro de 1994.

3. Establécese como máximo incremento salarial a mesma porcentaxe en que crezan as vendas e nunca superará o IPC real máis o 5% de compromiso de homologación. No caso de que as vendas superen esta porcentaxe aplicaríase o incremento variable de acordo coa acta de compromiso de homologación.

4. No suposto de non alcanzar a final de ano o compromiso dos 5 puntos de homologación, ámbalas partes comprométense a estudiar no primeiro trimestre de 1995 a posibilidade de incrementa-la partida de homologación, sempre tendo como parámetro prioritario o crecemento das vendas alcanzado no ano.

b) Incremento do ano 1995: o incremento para o ano 1995 será do 6% (3,5% IPC + 2,5% homo

logación). A final de ano aplicaranse igualmente os puntos 3 e 4 do ano 1994.

Capítulo XIII

Despedimentos

Durante a vixencia deste convenio, ningún traballador será despedido agás causa xustificada.

Cláusulas adicionais

1º. Vinculación á totalidade. O presente convenio forma un total indivisible pois as condicións pactadas estimáronse globalmente. Se a autoridade laboral competente non aprobase ningunha das cláusulas ou indicase a introducción de modificacións que poidan alterar esa globalidade a que fai referencia, o convenio quedaría sen eficacia, debéndose reconsiderar na totalidade do seu contido.

2º. Tódalas referencias deste convenio, en relación co comité de empresa, enténdense extensibles ós delegados de persoal.

3º. O plus de convenio e o plus de transporte non serán computables para efectos do importe da antigüidade.

4º. Mobilidade do cadro de persoal: a empresa poderá despraza-los traballadores afectos ó cadro de persoal dos centros de traballo dela, situados na Coruña, isto é, almacén de Pocomaco e fábrica de apósitos, durante o tempo que estrictamente sexa preciso e motivado por necesidades de servicio, sen que isto implique variación do horario que cada respectivo centro viña realizando, e sen que os res

pectivos traballadores deixen de pertencer ós seus respectivos cadros de persoal. A dita mobilidade deberá recibi-lo informe favorable do comité de empresa, cando a criterio da dirección da empresa o esixan as necesidades do servicio.

5º. Comisión mixta paritaria: para cuestións de vixencia ou interpretación que se deriven da aplicación do presente convenio, constitúese unha comisión paritaria, composta por tres membros de cada parte, elixindo o presidente entre eles. Constituída pola parte económica por: Ramón Sáez Oza, Luis Ramos Alba, José R. López Suárez; pola parte social: Manuel Patiño Iglesias, Francisco Javier García Mejuto e Antonio Rey Souto.

6º. Promoción interna da muller: ámbalas partes de acordo coa directiva 76/207/CEE promoverán a acción positiva como instrumento para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

7º. Protección da dignidade do home e da muller no traballo: conforme a recomendación da CE (131/92) a empresa comprométese a previr e sancionar todo tipo de conductas que atenten contra este principio.

8º. Canle de información: a partir da sinatura deste convenio todo conflicto ou discrepancia non só con relación ó convenio senón a tódolos que se susciten en calquera centro de traballo de Cofaga, será canalizado a través do comité intercentros para que este o remita ó departamento de persoal facendo así a comunicación máis fluída entre os representantes dos traballadores e a parte empresarial.

Táboa salarial

CategoríaS.BaseP.Rendim.P.Conv.Pl.Trans.S.Anual

Director técnico130.84511.16322.8445.5882.613.312

Mestre taller126.95911.16322.2105.5882.543.528

Contramestre118.76411.16321.3795.5882.402.436

Axudante encargado105.23311.16319.9915.5882.169.284

Auxiliar especial100.72611.16319.5285.5882.091.616

Auxiliar98.26011.16319.2765.5882.049.136

Operador serra96.20611.16319.0645.5882.013.728

Empaquetadora93.94511.16318.8625.5881.975.128

Operador pregador96.20611.16319.0645.5882.013.728

Limpadora91.61111.16318.4615.5881.932.972

9600116