Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/103-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: modificado I proxecto subestación Cabana-Rieiro.

-Situación: Cabana.

-Descricións técnicas: modificado ó proxecto denominado L.M.T. subestación de Cabana-Rieiro, consistente en: liña eléctrica aérea de media tension, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 714 m de lonxitude, con remate en apoio nº 1 da liña Rieiro-Anos (expe

diente 52652) sindo a súa orixe a subestación de Cabana. Cabana.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7527