Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/100-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: R.B.T.

-Situación: Las Torres-El Carballo.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380 e 220V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., en seccións de 95 e 25 mm Al, de 965 m de lonxitude, con orixe nos CC.TT. As Torres, O Carballo e A Xesta (expedientes 26604, 27019 e 50282, respectivamente) e discorrendo polos lugares mencionados. Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

950026