Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/99-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T.

-Situación: Pantín-Xavariz. Valdoviño.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 804 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 29 da liña Valdoviño-Ventosa e remate no C.T. Pantín Xavariz.

Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 V en Pantín-Xavariz, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. en seccións de 95, 50 y 25 mm Al e 996 m de lonxitude. Valdoviño.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

950025