Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 492

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/101-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: modificado I proxecto de reelectrificación de E. Cabana.

-Situación: Coristanco e Cabana.

-Descricións técnicas: modificado ó proxecto denominado reelectrificación de E. Cabana, 2ª fase, consistente en:

Liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 2.355 m de lonxitude e de 32 m de lonxitude ós lugares respectivos de Outeiro e Agrillo que parten respectivamente das liñas A Piolla-Penela e do apoio nº 10 á de Outeiro.

Centros de transformación aéreos de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 V en Outeiro e Agrillo. Cabana e Coristanco.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 23 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

950024