Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 492

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/29-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Longueiral.

-Situación: Longueiral. Cambre.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, con conductor LA-56, de 1.125 m de lonxitude, con orixe na liña Betanzos-Carral (expediente 27209) e remate no C.T. que se vai construír en Longueiral. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 V en Longueiral, e rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 35 m de lonxitude. Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 14 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

950018