Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995 da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de caza números 95/0068 e 95/0076.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín

publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82 do 6-4-1970), e más do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3-1971). Corrección erros nº 112, do 11-5-1971, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera

momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 49 do Regulamento de caza, en relación co Real decreto 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións, ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, e determinarase, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 29 de decembro 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de caza

ExpedientesDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificación

infracción

Sanción

proposta

C-95/0068Manuel Mella Cacheiro

76.296.526-I

Lg. Seoane, 12, Sigrás

15181 Cambre

Non impedir que os cans propios vaguen sen control por terreos de réxime cinexético especial, en época de veda.48.2.24Menos grave7.000 multa

Inhab. 1 ano

C-95/0076José L. Fragio Vázquez

33.214.886

Lg. Moas de Abaixo

Figueiras-Santiago de Compostela

Non inpedir que os cans propios vaguen sen control por terreos de réxime cinexético especial, en época de veda.48.2.24Menos grave3.500 multa

95-00162