Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995 da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de caza números 95/0013/1 e 95/0016/1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82, do 6-4-1970), e do seu regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971). Corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efctivo en calquera entidade bancaria, na conta de recaudacion de multas e sancions da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non agota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado, igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 29 de decembro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de caza

ExpedientesDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificación

infracción

Sanción

C-95/0013/1José M. Corral González

33.267.684

Puente Pered-Conxo

15706 Santiago de Compostela

Cazar en terreos de réxime cinexético especial sen permiso.48.1.8Grave5.000 multa
C-95/0016/1Manuel Seoane Vázquez

32.245.174

Carretas, 9, Santiago de Compostela

Infrinxi-lo disposto no artigo 30.4º do Regulamento de caza sobra tránsito de cans por terreos cinexéticos cando estes acompañen a persoas que non estean en posesión de licencia de caza.48.3.2Leve2.000 multa

95-0161