Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución, formulada pola instructora, no expediente sancionador de caza número 95/0038/2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolucion do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82 do 6-4-1970), e mais do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, de 25 de marzo (BOE nº 76 do 30-3-1971). Corrección erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 29 de decembro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: C-95/038/2.

Denunciado: Juan Moreira Suárez.

DNI: 79.313.730.

Último enderezo coñecido: A Igrexa, Goiáns, 15100 Carballo.

Feitos denunciados: cazar con cans en época de veda.

Feitos denunciados: 48.2.25.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.2.25.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

95-0160