Obxecto e orzamento: subministración sucesiva de papel DIN A4 con destino a diversos departamentos do Sergas, polo importe de 5.220.000 ptas., IVE engadido.
Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Servicio de Xestión Económica), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.
Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
Clasificación: non se esixe.
Admisión de variantes: non se admiten.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.
Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1995.
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
8511