I.-Obxecto e orzamento: contratación dos servicios de apoio ó proxecto de informatización de atención primaria, polo importe de 14.000.000 de ptas., IVE engadido.
II.-Solvencia económica e financeira: non se esixe.
III.-Solvencia técnica: non se esixe.
IV.-Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
V.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Servicios de Xestión Económica), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.
VI.-Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
VII.-Clasificación: a sinalada no apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas. (G: III; SG: 3; catg.: A).
VIII.-Admisión de variantes: non se admiten.
IX.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado
a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.
X.-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
XI.-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
XII.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1995.
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
0049