Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

NOTIFICACIÓN de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan por resultaren descoñecidos os seus domicilios (expediente C-40-IV/1976, conta 196 e catro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido da V.P.O., Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado 1º do artigo 138 do Regulamento de V.P.O., Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de V.P.O. antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó corrente no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentar documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles, que en caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda para á súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-José Rodríguez Rodríguez

Expte: C-40-IV/76. Cta. 196

r/ Oza dos Ríos, A-baixo

A Coruña

1.701.096 ptas.

-Mercedes Fernández Díaz

Expte: C-81/050. Cta. 206

r/ Polígono de Esteiro. Pintor Bello Piñeiro, 58-2º

Ferrol- A Coruña

1.305.297 ptas.

-José M. Mosquera Vázquez

Expte: C-40-IV/76. Cta. 193

r/ Eirís de Arriba nº 27- 1º

A Coruña

1.739.169 ptas.

-José Espiñeira Crespo

Expte: C-82/030. Cta. 105

r/ Rafael Alberti, bloque 4

Portal 1-6º A- Elviña II fase Las Pajaritas

A Coruña

886.916 ptas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral

8508