Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de decembro de 1995 pola que se clasifica como cultural a Fundación do Santo Milagro do Cebreiro.

Visto o expediente de clasificación da Fundación do Santo Milagro do Cebreiro, con domicilio no Cebreiro (Lugo) hospedería San Giraldo D'Aurillac.

Supostos de feito.

1. Que Lauraine Diane Dennett, na condición de secretaria da fundación, en escrito do 21 de novembro de 1995, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. Que a fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día 18 de novembro de 1995, ante o notario desa cidade José Antonio Montero Pardo, co número mil setecentos vinte do seu protocolo, por Fernando Imaz Marroquin, Ángel Fernandez de Aranguiz Díaz de Otazu, Paolo Giuseppe Caucci Von Saucken e Robert Georg Plotz, todos eles no seu nome propio, e Fernando Imaz Marroquín, ademais, en representación de Lauraine Diane Dennett.

3. Que, segundo consta no artigo catro dos seus estatutos, o obxecto e finalidade da fundación é

o mantemento e a reparación da fábrica dos edificios do mosteiro antigo do Cebreiro (Lugo) composto pola Igrexa de Santa María a Real e a hospedería San Giraldo D'Aurillac.

4. Que o padroado da fundación estará constituído por Paolo Giuseppe Caucci Von Saucken como presidente, Robert Georg Plotz como vicepresidente, Lauraine Diane Dennett como secretaria e Ángel Fernández de Aranguiz Díaz de Otazu como tesoreiro.

5. Que a comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevaron ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como cultural, da Fundación do Santo Milagro do Cebreiro, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. Que o artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e que o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia lle outorga competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. Que, de acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Que, á vista do que antecede, se poden considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 18 de decembro de 1995.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como cultural a Fundación do Santo Milagro do Cebreiro e adscribila á Consellería de Cultura, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-0078