A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 3 de outubro, nº 191), convoca o seguinte concurso público:
Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de compactación e retirada a vertedoiro de residuos sólidos urbáns xerados polo Hospital Montecelo, por un orzamento de catro millóns de pesetas (4.000.000 ptas.) anuais, IVE incluído.
Prazo de execución: o contrato rexerá durante o período que se fixará a partir da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996. A súa formalización
estará condicionada á aprobación dos orzamentos do centro para 1996.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministración e Concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. C. P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono nº (986) 80 00 17, e fax nº (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.
Fianzas: o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares
Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a sua solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no Art. 16 da Lei 13/1995, de contratación das administracións públicas.
Solvencia técnica: a solvencia técnica ou profesional dos empresarios deberá apreciarse tendo en conta os seus coñecementos técnicos, eficacia, experiencia e fiabilidade, o que poderá acreditarse, segundo o obxecto do contrato, por un ou varios dos medios fixados no Art. 19 da LCAP.
Criterios de adxudicación: a prioridade de criterios de adxudicación establecerase na seguinte orde:
1. Valor técnico e medios.
2. Prezo.
3. Valores engadidos.
Clasificación: non se esixe.
Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, as dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatarios do contratos.
Pontevedra, 22 de decembro de 1995.
Rafael Pérez-Santamarina Feijoo
Director xerente do Hospital Montecelo
8375