Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, pola que se anuncia a contratación do servicio de revisión legal e mantemento dos locais de práctica médica do Hospital Montecelo, polo procedemento aberto mediante concurso público, trámite de urxencia e expediente anticipado de gasto.

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 da Consellería de Sanidade e

Servicios Sociais (DOG do 3 de outubro, nº 191), convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de revisión legal e mantemento dos locales de práctica médica do Hospital Montecelo, por un orzamento de tres millóns de pesetas (3.000.000 ptas.) anuais, IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato rexerá durante o período que se fixará a partir da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996. A súa formalización estará condicionada á aprobación dos orzamentos do centro para 1996.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministración e Concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. C. P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono nº (986) 80 00 17, e fax nº (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

Fianzas: o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no Art. 16 da Lei 13/1995, de contratación das administracións públicas.

Solvencia técnica: a solvencia técnica ou profesional dos empresarios deberá apreciarse tendo en conta os seus coñecementos técnicos, eficacia, experiencia e fiabilidade, o que poderá acreditarse, segundo o obxeto do contrato, por un ou varios dos medios fixados no Art. 19 da LCAP.

Criterios de adxudicación: a prioridade de criterios de adxudicación establecerase na seguinte orde:

1. Prezo.

2. Solvencia técnica.

Clasificación: non se esixe, pero será requisito imprescindible estar dado de alta como empresa instaladora no ámbito territorial do Hospital Montecelo.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposiciones terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatarios do contratos.

Pontevedra, 22 de decembro de 1995.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente Hospital Montecelo

145