Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do expediente número 629/1995 e seis máis.

En cumprimento do establecido nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 24 do Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, faise público que, o órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, resolveu adxudica-los expedientes seguintes:

Expediente nº: 629/1995

Obxecto: dirección e coordinación para a xestión e desenvolvemento dos actos conmemorativos do V Centenario da Universidade da Santiago de Compostela.

Importe: 5.800.680 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: Grupo Clave.

Expediente nº: 630/1995.

Obxecto: apoio e asesoría á organización do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela.

Importe: 13.287.007 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: Nortempo.

Expediente nº: 635/1995.

Obxecto: secretaría executiva dos actos conmemorativos do V Centenario.

Importe: 8.008.800 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: Grupo Clave.

Expediente nº: 637/1995.

Obxecto: clasificación e organización no arquivo da Unidade de Xestión Académica do Campus Sur.

Importe: 5.005.632 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: GYT Clave.

Expediente nº 638/1995.

Obxecto: restauración de pezas e obras de arte con destino ó V Centenario.

Importe: 11.700.000 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: María García-Alén García, Amaia Arrieta Ugartondo, Clara González Fernández, Elisa

García Vidal, Esperanza González do Nascimento e Esther Martínez Gil.

Expediente nº: 640/1995.

Obxecto: proxecto museolóxico que dea forma á exposición Gallaecia Fulget de conmemoración do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela.

Importe: 13.920.000 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: Macua y García Ramos.

Expediente nº: 648/1995.

Obxecto: mantemento da rede de comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Santiago de Compostela.

Importe: 21.790.982 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: Intelsis Sistemas Inteligentes.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1995.

(R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

9507952