Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 399

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (634/1994).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse co número 634/1994 autos de xuízo executivo, sobre reclamación de 1.901.650 ptas. por principal, xuros e custas, a pedimento da compañía mercantil Uninter Leasing, representada polo procurador Paz Montero, contra José Luis González Torreiro e Mercedes Carmen Buceta Gasamáns, que tiveron domicilio en Lavacolla, 1, Santiago de Compostela, e actualmente en paradoiro ignorado para a parte demandante. E, por medio da presente cédula, cítanse de remate os expresados demandados co fin de que, dentro de termo de nove días, comparezan en autos e se opoñan á execución se lles conviñese; e fáiselles saber que se practicou embargo sobre bens propiedade destes, sinalados pola parte executante, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

E para que lles sirva de citación de remate ós demandados, expídese a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteún de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

8145