Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 398

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (380/1990).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de xustiza gratuita número 380/1990, se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, o trinta de outubro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do

xuízo verbal, seguido neste xulgado co número 380/1990, e como peza separada do procedemento de separación de mutuo acordo do mesmo número, no que actuaron, como parte demandante, Gloria Salgado Parrado, representada polo procurador dos tribunais Manuel David Mosquera Fernández e asistida do letrado Evaristo Nogueira Pol, nomeados ambos de oficio, e no que se lle deu audiencia a José Antonio Oubiña Valcárcel e ó avogado do Estado.

Decido.-Que admito a demanda presentada e debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de Gloria Salgado Parrado, co obxecto de presentar demanda de separación conxugal, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, e declaro de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación ante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 da LAC.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe».

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado José Antonio Oubiña Valcárcel, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o cinco de decenbro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9508147