Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 398

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (45/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xudicial sumario do Art. 131 da Lei hipotecaria, rexistrados co número 45/1995, por instancia do procurador Ricardo García Piccoli Atanes, en nome e representación da Caixa de Aforros de Galicia, contra Jesús Laraudogotia Garaizar, con DNI/CIF domiciliado en Urb. parq. Montouto, r/ Emilia Pardo Bazán, 22, Teo (A Coruña), e Ramona Chouza Chouza, con DNI/CIF domiciliado en Urb. Parq. Montouto, r/ Emilia Pardo Bazán, 22, Teo (A Coruña), en reclamación de crédito hipotecario; nestas actuacións acorduse sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo pactado na escritura de constitución da hipoteca, o seguinte predio contra o que se procede.

Urbana: casa, edificada sobre a parcela número oito (M-4) do parque Montouto, parroquia de Cacheiras, concello de Teo, actualmente sinalada co número vintecatro de Emilia Pardo Bazán, composta de semisoto de trinta e sete metros e vintecatro decímetros cadrados útiles; planta baixa de setenta e cinco metros e setenta e cinco decímetros cadrados útiles; e planta alta de setenta e sete metros e oitenta e tres decímetros cadrados útiles, ás que lle é anexo o resto do terreo ocupado por esta. Casa e terreo anexo forman un só predio de cento oitenta e oito metros e nove decímetros cadrados, que estrema: norte, parcela número sete (M-4); sur, parcela número nove (M-4); este, zona de acceso ás parcelas; e oeste, P-4. Cota referida á urbanización de cada unha das parcelas: unha cento cincuentaava parte. Inscrita no rexistro da propiedade de Padrón ó tomo 524, libro 168, folio 128, predio 17.238.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Viena, Núm. un, polígono das Fontiñas, desta localidade, o próximo día cinco de marzo de mil novecentos noventa e seis, ás dez horas, baixo as seguintes condicións:

1ª.-O tipo de remate é de dezaseis millóns duascentas mil ptas., fixado para tal efecto na escritura de constitución da hipoteca, e non se admitirán ningunhas ofertas que non cubran a dita suma.

2ª.-Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, na entidade bancaria BBV, número de conta 1591/0000/18/0045/95, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo do remate; sen este requisito non será admitida ningunha oferta.

3ª.-Poderá facerse o remate en calidade de ceder a un terceiro.

4ª A poxa celebrarase de forma aberta, se ben, ademais desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito e en prego pechado, achegando o xustificante de ingreso correspondente a que se refire o apartado 2º.

5ª.-Os autos e certificación rexistral a que se refire a regra 4ª da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría, onde poderán ser examinados, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos. De igual modo, as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

6ª.-Por instancia do actor, poderán reservarse os depósitos daqueles licitadores que cubrisen o tipo de poxa e o admitan, para efectos de que se o primeiro adxudicatario non cumprise as súas obrigas, poida aprobarse o remate a favor dos que a sigan, pola orde das súas respectivas ofertas.

7ª.-Para o suposto de que resulte deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día dez de abril de mil novecentos noventa e seis, ás dez horas, nas mesmas condicións da primeira, excepto o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento dos da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día seis de maio de mil novecentos noventa e seis, ás dez horas, rexendo para esta as restantes condicións fixadas para a segunda, debendo neste caso consignarse unha cantidade, polo menos, do 20% do tipo da segunda poxa.

8ª.-Se por forza maior ou por causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse calquera das poxas nos días e horas sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, exceptuando os sábados, e á mesma hora sinalada.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns e no taboleiro de anuncios.

Dado en Santiago de Compostela o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

8196