Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 397

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (336/1995).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial,

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía co nº 336/1995, a pedimento de Andrea Canicoba López, representada polo procurador Regueiro Muñoz, contra outros e Senén Carpinteiro Canicoba, Manuel Carpinteiro Canicoba, Carmen Canicoba López, Manuel Neira Canicoba, do que se descoñece o domicilio, e contra as demais persoas descoñecidas e incertas que puidesen estar interesadas nas herdanzas dos falecidos esposos José Canicoba Maceira e Antonia López Silva. Sobre partición de bens de herdanza, dictouse providencia na que se admite a trámite a demanda e se empraza a tódolos demandados antes indicados por edictos, para que no termo de dez días comparezan en autos, representados por procurador e asistidos de letrado, baixo apercibimento de que, se non o verifican, serán declarados en rebeldía, darase por precluído o trámite de contestación á demanda e seguirá o xuízo o seu curso.

E para que lles sirva de emprazamento en forma a tódolos demandados arriba indicados e publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, o dez de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

8436