Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 399

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (443/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos ós que se fará mención se dictou sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o vinte de novembro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de menor contía nº 443/1994, sobre reclamación de cantidade, seguidos a pedimento do procurador Paz Montero, en nome e representación de Caixa de Aforros Municipal de Vigo, con domicilio en Vigo, Avda. García Barbón, nº 13, dirixida polo letrado Manuel Anca Mesejo, contra María del Carmen Sánchez Gendra e o seu esposo, Luciano Presedo Arnau, ambos maiores de idade, e contra Carmen Gendra Otero, maior de idade, viúva; todos eles veciños de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa Monte da Almáciga, 20, 1º Esq., declarados procesualmente en rebeldía.

Decido.-Que admito a demanda promovida polo procurador José Paz Montero, en nome e representación da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, contra María del Carmen Sánchez Gendra , Luciano Presedo Arnau e Carmen Gendra Otero, declarados procesualmente en rebeldía; e debo declarar e declaro que os referidos demandados quedan obrigados solidariamente a satisfacerlle á entidade demandante a cantidade dun millón catrocentas vintecinco mil dúascentas pesetas (1.425.200 ptas.) en concepto de principal, xuros e demoras vencidas ata o día 6 de xuño de 1994, mailos xuros de demora pactados ó tipo do 21,50% anual, para computar sobre o principal debido (702.114 ptas.) desde a indicada data ata a completa execución da sentencia; e condeno os ditos demandados de forma solidaria a estaren e pasaren polas anteriores declaracións, e a que lle aboen á parte demandante as referidas cantidades, con expresa imposición das custas causadas no procedemento ós indicados demandados.

Notifíqueselle-la resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor ante este xulgado recurso de apelación, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que lles sirva de notificación ós demandados declarados en rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintedous de novembro de mil novecntos noventa e cinco.

Rubricado

95-08338