Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DE VIGO

EDICTO (439/1995).

Victoria E. Fariña Conde, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número nove de Vigo,

Fai saber que neste xulgado e co nº 439/1995 se tramita expediente de suspensión de pagamentos da entidade D'AQ, S.L., no cal, con esta data, se dictou auto polo que se declara aquela en estado legal de suspensión de pagamentos e situación de insolvencia provisional e se convoca a xunta de acredores, que terá lugar o próximo día vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e seis ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado sita na r/ Lalín nº 4-5ª planta, desta cidade de Vigo.

Os acredores que desexen asistir, deberán facelo persoalmente ou por medio de representantes con poder suficiente para iso e co título xustificativo do seu crédito, sen este requisito non serán admitidos.

Desde o día da data e ata o día e hora indicados para a celebración da xunta, están ó dispor dos acredores na secretaría deste xulgado o informe dos interventores, as relacións do activo, a memoria, o balance, a relación dos seus créditos e os acredores con dereito de abstención, así como a proposición de convenio presentada polo debedor, co fin de que poidan obte-las notas que coiden oportunas.

Por último, faise extensivo o presente edicto a todos aqueles acredores que non puidesen ser citados na forma legalmente disposta (correo certificado con xustificante de recepción).

E en cumprimento do acordado e con obxecto de proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, asino e selo o presente edicto en Vigo o seis de novembro de mil novecentos noventa e cinco. Dou fe.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

0005