Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (680/1995).

Acordado en providencia desta data, nos autos de xuízo verbal civil, seguidos co número 680/1995-A, a pedimento de José Cancela Pérez, representado polo procurador Xulio López Valcárcel, sobre reclamación de cantidade por accidente de tráfico, contra Consorcio de Compensación de Seguros e herdeiros descoñecidos e incertos de Benedicto Espasadín Camafreita, en ignorado paradoiro, cítase a este último co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día vintenove de xaneiro, ás dez horas, co obxecto de celebra-lo xuízo sinalado para o dito día e hora, coa prevención de que, se non comparece, recaerá sobre él o prexuízo ó que houber lugar en dereito.

Dado na Coruña a dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

8012