Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (56/1995).

En virtude do acordado por Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas número 56/1995, que se segue neste xulgado sobre furto, cítase o denunciado Jesús Martínez Carballal, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ante este xulgado o vindeiro día 26 de xaneiro de 1996, ás 10.30 horas, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba dos que intente valerse, e fáiselle sabe-lo disposto no Art. 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; e poderá ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino en Noia o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9508033