Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 346

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Garaje Castelos, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo Garaje Castelos, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-11-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 24-10-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de novembro de 1995.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

Na cidade de Ferrol, sendo as 17 horas do día 24 de outubro de 1995, reúnense os seguidamente relacionados, compoñentes da comisión negociadora do convenio colectivo de Garaje Castelos, S.A.

Parte empresarial:

Carlos Castelos Martínez.

Parte social:

Julio Lama Vega.

Gumersindo Formoso Vila.

Ramón Pita Varela.

Ángel Abad Abad.

Aberlardo Pedreira Santiago.

Preacordo:

Mante-lo texto do convenio para os anos 1992/1993 coas modificacións que seguidamente se recollen:

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor ó producirse a súa publicación no BOP, e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 1995. Non obstante, os aspectos salariais retrotraerán os seus efectos ó 1 de xaneiro de 1995.

Mentres non se acade un novo acordo todo o contido do presente convenio terá vixencia, fixándose como límite desta vixencia a data do 31 de decembro de 1996 na que se prevé que estará negociado un novo convenio.

Así mesmo, os acordos aprobados na Comisión Mixta do Convenio durante 1995 incorporaranse en 1996 ó texto del, sempre que se manteña o texto do artigo interpretado e o seu contido permaneza inalterado.

Artigo 20º.-Xeira laboral.

A duración máxima da xeira laboral será de 40 horas semanais, equivalente a 1.796 horas de traballo ó ano.

Artigo 39º.-Incremento salarial.

Acórdase incrementa-las táboas salariais nun 3,5% para 1995.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

Finalizado o exercicio de 1995, procederase a unha revisión salarial consistente en aplica-la diferencia positiva entre o incremento pactado e os parámetros dos índices de prezos ó consumo (IPC). Este novo incremento, en caso de operar, aboarase nunha soa paga dentro do primeiro trimestre de 1996 e, así mesmo, conformará un novo parámetro como base de cálculo da próxima negociación de 1996.

En proba de conformidade asinan os presentes.

ANEXO RETRIBUCIÓN SALARIAL 1995

CategoríaBase Anter.Base ActualPlus Transp.Plus Asist.Total anoMensualidade

Tit. Super.1.849.4021.914.131111.77681.2192.107.126136.724
Tit. medio1.788.2381.850.826111.77681.2192.043.822132.202
Xefe vendas1.788.2381.850.826111.77681.2192.043.822132.202
Xefe almacén1.788.2381.850.826111.77681.2192.043.822132.202
Xefe Servic.1.788.2381.850.826111.77681.2192.043.822132.202
Xefe Administr.1.788.2381.850.826111.77681.2192.043.822132.202
Xefe taller1.596.5331.652.412111.77681.2191.845.407118.030
Xefe Recepc.1.596.5331.652.412111.77681.2191.845.407118.030
Contable1.413.2941.462.759111.77681.2191.655.754104.483
Dpte. 1ª1.338.6451.385.498111.77681.2191.578.493 98.963
Vendedor 1ª1.338.6451.385.498111.77681.2191.578.493 98.963
Jefe grupo taller1.472.8691.524.419111.77681.2191.717.414108.886

CategoríaBase Anter.Base ActualPlus Transp.Plus Asist.Total anoMensualidade

Oficial Admin. 1ª1.413.2941.462.759111.77681.2191.655.754104.483
Oficial taller 1ª1.318.2081.364.346111.77681.2191.557.341 97.453
Dpte. 2ª1.318.2081.364.346111.77681.2191.557.341 97.453
Vendedor 2ª1.318.2081.364.346111.77681.2191.557.341 97.453
Recepcionista1.318.2081.364.346111.77681.2191.557.341 97.453
Oficial Admin. 2ª1.342.8861.389.887111.77681.2191.582.882 99.277
Oficial taller 2ª1.289.7031.334.842111.77681.2191.527.837 95.346
Conductor1.297.5731.342.988111.77681.2191.535.984 95.927
Oficial Admin. 3ª1.259.3741.303.452111.77681.2191.496.447 93.103
Oficial taller 3ª1.259.3741.303.452111.77681.2191.496.447 93.103
Aux. Admini. 1ª1.259.3741.303.452111.77681.2191.496.447 93.103
Peón1.220.7571.263.484111.77681.2191.456.479 90.249
Lav.-Engr.1.220.7571.263.484111.77681.2191.456.479 90.249
Limpador/a1.220.7571.263.484111.77681.2191.456.479 90.249

95-7742