Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (48/1995).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 48/1995 se dictou a sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 24 de outubro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistra

do-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 48/1995, no que actuaron, como demandante Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido polo letrado Andrés J. Lareu Lamas, e como demandados, Isaac Miguel Rosón Ferreiro, Mª Concepción Sánchez-Brunete Alija, María Carmen Ferreiro Prieto e Ramón Ferreiro Prieto, declarados rebeldes nas presentes actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 1.202.228 ptas. de principal e xuros, mailos xuros moratorios pactados, as custas que se impoñen expresamente e gastos; e calcúlase, sen prexuízo de ulterior liquidación, para xuros, custas e gastos, a suma de 550.000 ptas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Ramón Ferreiro Prieto, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintesete de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7387