Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (326/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención, se dictou sentencia con encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o oito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas núemro 326/1995, seguidos por furto; sendo denunciante a entidade Simago, S.A.; e aparecendo como parte denunciada Ángel Grande Rivero, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Ángel Grande Rivero da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Ángel Grande Rivero, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9507386