Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (439/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, e en virtude do acordado en resolución dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen con número 439/1994 (executoria 50/1995), sobre lesións en agresión, pola presente cédula requiro a Reagane Azadine, natural de Marrocos, fillo de Dora e Ahmed para que compareza ante este xulgado

na maior brevidade posible para ser constituído en arresto e prevéñoo de que, de non facelo, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de requirimento en forma a Reagane Azadine, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9507976