Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (259/1994).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber de que no procedemento xudicial sumario do Art. 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 259/1994, seguido a pedimento de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, contra López Nieves, S.A. (LONISA), acordouse a celebración de poxa pública, na sala de audiencia deste xulgado, e anúnciase con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

1.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo fixado para tal efecto na escritura de constitución de hipoteca que se describe ó fondo do presente edicto.

2.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día trece de marzo de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día dez de abril de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5.-Para tomar parte en calquera das tras poxas, tódolos licitadores -agás o acredor demandante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos á licitación; calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberán facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte 1590/18/00259/1994, e presenta-lo resgardo de ingreso.

6.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na Secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e enténdese que todo licitador os acepta como bastantes, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar; e entenderase que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

7.-Poderán facerse ofertas en prego pechado e o remate poderá verificarse en calidade de cederllo a un terceiro, coas regras que establece o Art. 131 da Lei hipotecaria.

8.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase o poxa suspendida.

9.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor licitador, a que se reservará en depósito como garantías do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10.-De o pedi-lo acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate outros licitadores, e sempre na orde destas.

11.-O sinalamento do lugar, día e horas para o remate notificaráselle ó debedor no domicilio fixado para tal efecto na escritura de constitución de hipoteca e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve de notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

Número douscentos once-bis.-Local de planta baixa, da extensión de douscentos cincuenta metros cadrados. Linda: fronte, coa rúa de Alfredo Brañas; fondo, de Simago Gijón, S.A.; dereita, entrando, co local propiedade do Sr. Ferriro Lodeiro, onde está instalado o establecemento Amorote; e esquerda, con portal de entrada e con resto de predio matriz. Formando parte dun edificio con frontes ás rúas Alfredo Brañas, Montero Ríos e República de El Salvador. Asígnaselle unha cota de participación en elementos comúns, beneficios e gastos do edificio, con relación a cen, de un corenta e dúas centésimas.

Inscrita no libro 549 da sección 2ª, folio 33, predio nº 39.938, 1ª do Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela.

Tipo para a poxa: noventa e un millóns catrocentas corenta e seis mil oitocentas vinte pesetas (91.446.829 ptas).

Dado en Santiago de Compostela o vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

9507408