Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 254

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1995 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos, do departamento de Enxeñería de Sistemas e de Linguaxes e Sistemas Informáticos, a María Encarnación González Rufino.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 3 de marzo de 1995 (BOE do 24-3-1995), para a provisión dunha praza de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos, do departamento de Enxeñería de Sistemas e de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Vigo, a prol de María Encarnación González Rufino, DNI nº 24.236.240, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Encarnación González Rufino profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos, do departamento de Enxeñería de Sistemas e de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 20 de decembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

8015