Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (302/1995).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse, co número 302/1995, autos de xuízo de cognición sobre reclamación de cantidade, a pedimento de CMAC España S.A. de Financiación, representada polo procurador García-Piccoli Atanes, contra Mercedes Castelo Vázquez e Domingo Suárez Casal, que tiveron o seu domicilio na rúa Campiño de Guadalupe, nº 26, desta cidade de Santiago de Compostela, e actualmente en paradoiro descoñecido para a parte demandante; e por medio da presente cédula emprázanse os demandados referidos co fin de que, no termo de nove días, comparezan nos expresados autos baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e recaeren sobre eles os demais prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados, expídese a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

8322