Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 241

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (334/1990).

Eu, Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís obra a recaída nos autos de xuízo executivo número 334/1990, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, dezaoito de setembro de mil novecentos noventa.

Vistos os autos civís do proceso de familia seguidos neste xulgado baixo o número 334 de 1990 por instancia de María Ferreiro Bouzas, maior de idade, casada, veciña de Santiago de Compsotela, con domicilio na rúa das Fontiñas, número 53-1, representada en autos pola procuradora Regueiro Muñoz, baixo a dirección técnica do letrado Ferrero Bande, contra Manuel Ferreiro Couto, maior de idade, de profesión mariñeiro, con residencia en Santiago de Compostela, Rúa de San Pedro, número 37, Hospedaxe Bar Sande.

É parte o Ministerio Fiscal, sobre separación conxugal, e pronuncio esta sentencia que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos de dereito que seguen: decido que con estimación da demanda rectora dos presentes autos formulada pola procuradora Ángeles Regueiro Muñoz en nome e representación de María Ferreiro Bouzas, debo declarar e declaro haber lugar á separación do matrimonio formado por aquela e Manuel Ferreiro Couto pola concorrencia da causa de separación de conducta inxuriosa e vexatoria prevista no número 1 do artigo 82 do Código Civil, imputable ó marido.

Decrétanse as seguintes medidas:

1. Os fillos menores quedarán baixo a garda e custodia da nai.

2. O marido deberá entregar á esposa dentro dos cinco primeiros días de cada mes, como contribución ás cargas, o corenta por cento dos ingresos que perciba por calquera concepto.

3. Atribúeselle á nai e ós fillos que quedan na súa compañía o uso da vivenda conxugal.

4. Firme a presente, procédase á disolución e ulterior liquidación do réxime económico matrimonial. Non se fai pronunciamento especial sobre custas.

Firme a presente, comuníquese ó Rexistro Civil de Santiago de Compostela para anotación do resolto nas respectivas inscricións de matrimonio dos cónxuxes e nacemento dos fillos.

Notifíquese esta sentencia ó demandado rebelde na forma prevista nos artigos 769 en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non poder levarse a cabo a notificación persoal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida previamente foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Manuel Ferreiro Couto, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela, dezasete de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9508117