Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 241

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (404/1994).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber que nos autos de xuízo verbal civil seguidos co número 404/1994, se dictou con data 18 de maio de 1995, a sentencia que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Decido que estimando a demanda formulada polo procurador Cuns Núñez, en nome e representación de Antonio García Méndez e María López Otero, contra Nemesio Pereira Figueiras e a entidade aseguradora Kairos, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno ós demandados a que satisfagan en forma solidaria ó primeiro dos demandantes a suma de 189.000 pesetas e á litisconsorte a de 578.206 pesetas, cantidades que devengarán respecto á aseguradora o xuro previsto na disposición adicional 3 da Lei orgánica 3/1989, e ó pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado co número 404 de 1994, entre partes, dunha como demandantes, os cónxuxes Antonio García Méndez e María López Otero, madeireiro e sen profesión especial, veciño de Ribeira, Touro, representado nos autos polo procurador Cuns Núñez, asistido da letrada Sánchez Garrido, e doutra como demandados, Nemesio Pereira Figueiras, maior de idade, veciño de Ourense e a entidade aseguradora Kairos, domiciliada en Vigo, ámbolos dous incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por culpa extracontractual.

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes Nemesio Pereira Figueiras e Kairos, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o 23 de novembro de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9507878