Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 3 de marzo de 1995 (BOE do 24-3-1995), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción da Universidade de Vigo, a prol de Enrique Alfredo Porto Arceo, DNI nº 33.155.283, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Enrique Alfredo Porto Arceo profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción da Universidade de Vigo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso con
tencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 12 de decembro de 1995.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
8011