Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 240

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (200/1995).

Lado López, xuíz de primeira instancia e instrucción de Negreira e do seu partido,

Fai saber: que neste xulgado e co número 200/1995, se tramitan autos de beneficio de xustiza gratuíta, promovidos por Mª del Carmen Antelo Muñiz, contra Juan Blanco Lueiro sobre beneficio de xustiza gratuíta, nestes autos acordouse citar a Juan Blanco Lueiro para que compareza na sala de audiencia deste xulgado á comparecencia que terá lugar o próximo día 19 de xaneiro ás 12.30 horas, apercibíndoo de que de non comparecer continuará o xuízo na súa rebeldía, sen volvelo citar.

Para que sirva de citación en forma ó expresado demandado e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Negreira o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

8074