Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 239

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de xenética, do departamento de Bioloxía Fundamental, a Armando Caballero Rúa.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 21 de decembro de 1994 (BOE do 19-1-1995), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de xenética, do departamento de Bioloxía Fundamental da Universidade de Vigo, a prol de Armando Caballero Rúa, DNI nº 00.389.188, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto,

de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Armando Caballero Rúa profesor titular de universidade da área de coñecemento de xenética, do departamento de Bioloxía Fundamental da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 12 de decembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-8409