Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 238

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de decembro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio da batea J.M. número 14.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: J.M. número 14.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 214, Cambados F.

Data da concesión: 31-1-1968.

Data do remate da última prórroga: 31-1-1998.

Anterior concesionario: Carmen Germade Otero.

Novo titular da concesión: Aurora Iglesias Cespón.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 13 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

9508533