Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de decembro de 1995 pola que se modifica o concerto educativo con distintos centros privados concertados de educación primaria/EXB.

Analizada a evolución da matrícula escolar nos distintos centros privados concertados da Comunidade Autónoma e comunicada ós interesados a intención de modifica-lo concerto educativo para o curso 1995-1996, co fin de que efectuasen as alegacións que coidasen oportunas.

Unha vez examinadas as alegacións presentadas por parte dos centros afectados, visto o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, a Orde do 18 de xaneiro de 1993 e considerando, por outra banda, que a cláusula décima dos concertos educativos asinados coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establece, entre outros aspectos, que a diminución na relación media profesor/alumno dará lugar á diminución do número de unidades concertadas. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Rescindir parcialmente o concerto educativo dos centros privados concertados de educación primaria/EXB que se sinalan no anexo da presente orde. Os efectos económico-administrativos serán de 1º de xaneiro de 1996.

Segundo.-Os mestres dos centros afectados poderán quedar nalgunha das situacións previstas no acordo asinado o 20-12-1995 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicatos do ensino privado sobre o persoal afectado pola non renovación total ou parcial dos concertos educativos.

Terceiro.-Modifica-lo concerto educativo do centro privado concertado de educación primaria/EXB que se sinala no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

I. Centros ós que se lles rescinde parcialmente o concerto educativo:

Provincia: A Coruña.

Nome do centroLocalidadeConcelloUnidades

afectadas

Virgen del CarmenA CoruñaA Coruña1
Ntra. Sra. del CarmenFeneFene1
Jorge JuanXubíaNarón1
GalaxiaRibeiraRibeira1

Provincia: Ourense

Nome do centroLocalidadeConcelloUnidades

afectadas

Sta. María GorettiOurenseOurense1

Provincia: Pontevedra.

Nome do centroLocalidadeConcelloUnidades

afectadas

CíesVigoVigo1

II. Centros ós que se lles modifica o concerto educativo:

Provincia: A Coruña.

Nome do centroLocalidadeConcelloUnidades

afectadas

MinervaA CoruñaA Coruña8 xeral

9508348