Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de decembro de 1995, pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento de centros privados de educación secundaria.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, que solicitan a autorización definitiva para a apertura e funcionamento de centros privados de educación secundaria.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que os remiten cos informes das unidades técnicas e inspeccións educativas.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e demais disposicións complementarias.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia en ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autoriza, deberán cumpli-la norma básica da edificación NBE-CPI/1991, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 279/1991, do 1 de marzo (BOE do 8), e especialmente o establecido no seu anexo D, que establece as condicións particulares para o uso docente. Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.- Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1995

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO QUE SE CITA

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Domicilio: estrada dos Fortes.

Denominación específica: Calasanz, feminino.

Titular: MM. Calasancias.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 4 unidades, coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Domicilio: Avda. Calasanz, s/n.

Denominación específica: Calasanz, masculino.

Titular: PP. Escolapios.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 7 unidades.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 4 unidades, coas modalidades seguintes:

Ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Domicilio: Praza de Santo Domingo, s/n.

Denominación específica: Santo Domingo.

Titular: PP. Dominicos.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades:

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 4 unidades, coas modalidades seguintes:

Ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Ourense.

Concello: Maceda.

Localidade: Maceda.

Domicilio: As Canteiras, s/n.

Denominación específica: Virxe Miragrosa.

Titular: Hijas de la Caridad de S. V. de Paul.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

9508450