Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

BASES polas que se convoca concurso para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de asistente social vacante neste concello.

1.-Normas xerais.

1.1. Convocatoria.

Convócanse probas selectivas para cubrir en propiedade unha praza de asistente social, vacante no cadro de persoal laboral fixo deste concello, incluída na oferta de emprego pública deste concello.

1.2. A praza convócase polo sistema xeral de acceso libre e polo procedemento de concurso.

1.3. As presentes probas selectivas rexeranse polo previsto nestas bases, e seranlle aplicables: a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Lei 30/1984, do 2 de agsoto de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, a Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores. Supletoriamente aplicarase tamén a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, reformada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, aprobatorio do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como supletoriamente o Real decreto 2223/1984, do 19 de decembro, e Regulamento de ingreso na Administración pública, Real decreto 364/1995, do 10 de marzo de 1995.

2.-Obxecto.

É obxecto desta convocatoria pública cubri-la praza de persoal laboral sinalada, vacante na actualidade; todo de acordo coa normativa anteriormente citada, respectando os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade e non discriminación e os sistemas de promoción laboral ós que fai referencia a lexislación laboral.

3.-Características da praza.

3.1. Caracterización da praza.

A praza está encadrada no cadro de persoal laboral fixo, dotada do soldo correspondente á súa categoría profesional, pagas extraordinarias, trienios e demais emolumentos de conformidade coa lexislación aplicable.

3.2. Cometido funcional.

Serán funcións da praza as que lle correspondan de acordo coa titulación esixida e os contidos correspondentes á súa denominación.

4.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Te-la nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder daquela en que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade, determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Estar en posesión do título de diplomado universitario en traballo social ou asistente social homologado.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o normal desempeño das funcións correspondentes.

e) Non estar separados, mediante expediente disciplinario do servicio de calquera Administración pública nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

4.1. Tódolos requisitos enumerados con anterioridade deberán posuírse no día do remate do prazo de presentación de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de nomeamento.

5.-Solicitude.

5.1. Forma.

Os que desexen tomar parte nesa probas selectivas, deberán facelo de acordo co modelo de instancia, que lles será facilitada no rexistro xeral do concello, na que debe constar:

a) Manifesta-los aspirantes que reúnen tódolos requisitos esixidos na convocatoria.

b) Comprometerse, no caso de obte-la praza, a xurar ou prometer lealtade a El-Rei, respecto ós dereitos da persoa, e estricta observancia da lei.

c) Coas instancias indicadas deberánse xunta-los documentos acreditativos dos méritos alegados e xustificante de ter aboados os dereitos de exame.

5.2. Órgano a quen se dirixe.

As instancias iran dirixidas ó alcalde-presidente deste concello.

5.3. Lugar de presentación.

A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da secretaría deste concello ou nalgunha das formas previstas no Art. 38 da Lei de procedemento administrativo.

5.4. Prazo de presentación.

O prazo de presentación será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no BOE.

5.5. Dereitos de inscrición.

Os interesados deberán aboar previamente en concepto de dereitos de exame, a cantidade de 2.000 ptas., que se depositarán directamente na Tesourería deste concello ou a través de xiro postal, o xustificante de pago, deberá acompañar necesariamente a solicitude.

5.6. Defectos das solicitudes.

De acordo co Art. 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirase ós interesados para que no prazo de dez días corrixan a falta ou xunten os documentos preceptivos, apercibíndoos de que, se non o fixeran, se arquivará a súa instancia sen máis trámite.

5.7. Erros nas solicitudes.

Os erros de feito que puidesen advertirse poderán corrixirse en calquera momento, de oficio ou a petición do interesado.

6.-Admisión de aspirantes.

6.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o alcalde-presidente dictará resolución no prazo máximo dun mes, declarando a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da exclusión, que se publicará no taboleiro de anuncios do concello.

Os aspirantes excluídos disporán do prazo de dez días desde o día seguinte á publicación da lista, para a corrección do defecto que motiva a exclusión.

6.2.-Contra a dita resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, na forma establecida pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

7.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará constituído por:

Presidente: o da corporación ou membro en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Comunidade Autónoma designado pola Xunta de Galicia.

Un representante do Colexio oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.

Un técnico ou experto designado polo presidente da corporación.

Os vocais do tribunal deberán ter unha titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso a praza convocada.

O tribunal examinará os méritos alegados polos aspirantes, tendo en conta as condicións profesionais que requira a natureza do posto de traballo, segundo o baremo anexo desta convocatoria.

A proposta do tribunal farase pública no lugar onde se reúna e no taboleiro de anuncio do concello.

7.1. Resolución.

A resolución do concurso e o nomeamento será feito pola da Comisión de Goberno, por proposta do tribunal cualificador.

7.2. Publicación de notificación.

A resolución do concurso publicarase no BOP, efectuándose notificación individual para os efectos de formalización de contrato.

8.-Presentación de documentos.

8.1. Con carácter previo á formalización do contrato, o aspirante seleccionado deberá xustificar axeitadamente, no prazo de 30 días, que reúne tódolos requisitos da convocatoria e, para tal efecto, deberá presentar:

a) Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil correspondente.

b) Fotocopia do DNI.

c) Copia autenticada do título esixido.

d) Certificación médica expedida pola Delegación de Sanidade de non padecer enfermidade ou defecto que o incapacite para o desempeño do posto de traballo.

e) Declaración xurada ou promesa de non ser separado do servicio de ningunha Administración pública, en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

8.2. Falta de presentación de documentos.

Se dentro do prazo indicado, os aspirantes propostos non presentasen a documentación esixida ou do exame dela se comprobase que carecen dalgún dos requisitos esixidos nas bases desta convocatoria, quedarán anuladas tódalas actuacións, perdendo todo o dereito ó seu nomeamento, sen prexuízo das responsabilidades que se lles puidese esixir, por falsidade ou calquera outra.

9.-Formalización do contrato.

Xustificada a documentación sinalada no apartado anterior, formalizarase o contrato entre o alcalde e o aspirante seleccionado, no prazo dun mes contado a partir da data na que finaliza a presentación de documentos.

9.1. Período de proba.

Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo, o aspirante seleccionado deberá superar satisfactoriamente o período de proba dun mes.

10.-Disposición derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal

poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo.

ANEXO

Cualificación de méritos

1.-Experiencia profesional.

A puntuación máxima neste apartado é de 12 puntos, desegregados do xeito seguinte:

-Por servicios prestados como traballador social, nos servicios sociais de base dos concellos: 0,25 puntos/mes, máximo 7 puntos.

-Por prestar servicios como traballador social noutras administracións públicas, en servicios sociais especializados: 0,15 puntos/mes, máximo 3 puntos.

-Por prestar servicios, como traballador social, noutras institucións privadas: 0,10 puntos/mes, máximo 2 puntos.

2.-Por asistencia a cursos, xornadas, etc.

A puntuación máxima neste apartado é de 6 puntos, desagregados do seguinte xeito:

-Cursos de ata 30 h: 0,25 puntos/curso, máximo 1 punto.

-Cursos de 31-100 h: 1 punto/curso, máximo 2 puntos.

-Cursos de máis de 100 h: 1,5 puntos/curso, máximo 3 puntos.

3.-Por participación activa.

A puntuación máxima neste apartado é de 3 puntos, desagregados do seguinte xeito:

-Por participar como organizador de cursos, xornadas ou outras actividades formativas relacionadas coa materia: 0,50 puntos por actividade, máximo 2 puntos.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

-Por impartir clases en actividades formativas relacionadas coa materia: 0,50 puntos por actividade, máximo 1 punto.

4.-Por estudios, traballos ou publicacións.

A puntación total deste apartado será de 1 punto.

5.-Por coñecementos de galego.

-Curso de iniciación: 0,5 puntos.

-Curso de perfeccionamento: 1 punto.

6.-Por coñecemento da realidade social.

Por coñecemento da realidade social do concello de Portomarín, acreditada documentalmente mediante certificación de empadroamento, dun ano como mínimo: 2 puntos.

Portomarín, 5 de outubro de 1995.

Eloy Rodríguez

Alcalde