Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 24 de novembro de 1995, acordou prestar aprobación definitiva ó documento refundido do proxecto de modificación puntual do PXOU para a recualificación dos terreos ocupados pola antiga prisión provincial da Parda, coa cesión dunha parcela para equipamento público de carácter socio-asistencial, con destino ó novo edificio dos xulgados de Pontevedra, en cumprimento do convenio e anexo a estes formalizados entre a empresa Sociedad de Infraestructuras y Equipamientos Penitenciarios, S.A. (SIEP, S.A.) e este concello, sendo formulado o documento refundido da modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, estimándose, por conseguinte, a alegación subscrita pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais durante a información pública do procedemento subseguinte á aprobación inicial.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación,

logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 4 de decembro de 1995.

José Benito Suárez Costa

Alcalde Acctal.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7305