Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 23 de novembro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 329 de clasificación do monte Foral de Rego de Chan, pertencente ó lugar de Cernande, parroquia de Tállara, concello de Lousame.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 329 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte Foral de Rego de Chan.

Comunidade: lugar de Cernande.

Parroquia: Tállara.

Concello: Lousame.

Superficie: 13 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Barbanza de Tállara, nº 173 do C.U.P.

Norte: con predios particulares de Pascual e Tállara, do piquete nº 502 ó 521 seguindo a orde de piquetes.

Leste: con predios particulares de Cernande, do piquete 521 ó 534 seguindo a orde de piquetes.

Sur: co río Baraza e monte veciñal de Guinde, do piquete 534 ó 537 seguindo a orde de piquetes.

Oeste: co Xil Morto e predios particulares de Guiende e Tállara. Do piquete nº 537 polo río Baraza ata un punto entre os piquetes 443 e 444, desde punto ó piquete nº 444, e seguindo a orde de piquetes ata o nº 502.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 23 de novembro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean

que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 23 de novembro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

9500029