Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 23 de novembro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 328 de clasificación do monte de Insua, pertencente ó lugar de Insua, parroquia de Mazaricos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 328 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte de Insua.

Comunidade: lugar de Insua.

Parroquia: Mazaricos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 19 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Aro, nº 103-B do C.U.P.

Norte: co monte da comunidade de Serráns, por unha liña trazada desde o piquete nº 53 ata a Pedra da Leira, a uns 200 m ó norte do piquete nº 34 e na liña do deslinde.

Leste: co monte público Pedroso, Val, Sixto e outros da parroquia de Chacín, desde a Pedra da Leira ata o piquete nº 34, e seguindo a orde de piquetes ata o nº 37.

Sur: co monte comunal do lugar de Val, desde o piquete nº 37 ata o 41 seguindo a orde de piquetes.

Oeste: con propiedades particulares do lugar de Insua, desde o piquete nº 41 ata o 53 seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 23 de novembro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando,

se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 23 de novembro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

95-8298