Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 23 de novembro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 326 de clasificación do monte de Pontenova, pertencente ó lugar de Pontenova, parroquia de Colúns, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 326 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte de Pontenova.

Comunidade: lugar de Pontenova.

Parroquia: Colúns.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 29 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Ruña de Colúns, nº 103-K do C.U.P.

Norte: con propiedades particulares de Pontenova, desde o piquete nº 1222 ao 1237 seguindo a orde de piquetes.

Leste: co río Beba e propiedades particulares de Pontenova, desde o piquete 1237 ó 1303. Co monte público Ruña de Beba desde o piquete 1303 ó 1307 seguindo a orde de piquetes.

Sur: co monte público Ruña de Beba desde o piquete 1307 ata o 1311 seguindo a orde de piquetes.

Oeste: con propiedades particulares de Agar desde o piquete nº 1311 ata o 1341 seguindo a orde de piquetes. Cruza o camiño que vai a Sande unha liña recta de 7 m de largo e pasa ó piquete nº 1183. Con propiedades particulares de Sande desde o piquete nº 1183 ata o 1222 segundo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 23 de novembro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean

que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 23 de novembro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

95-8297